VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

1ª Comida de Convivencia de Vai de Roda
O 29 de Setembro tivo lugar a 1ª comida de Convivencia de Vai de Roda que GRAZAS a todos os asistentes foi un rotundo éxito: comida, bebida, viño de importación.... boa compañía, as xeracións máis novas de vai de roda, música, baile, xogos.... ata que nos colleu a noite....

A todos aqueles que non puidéchedes asistir: OOOOohhhh!!!! CANTO O SENTIMOS!!!! Pero poderedes asistir á próxima!!!!





Vai de Roda quere agradecervos a todos os membros da asociación e ás vosas familias a colaboración e boa disposición que sempre tedes co grupo. Traballar así da gusto. GRAZAS!!
Comentarios (1) - Categoría: A presentación - Publicado o 02-10-2012 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
LUAR 21 SETEMBRO 2012
Así se baila, se toca e se monta unha boa festa!!!!



Polavila de Quindous... "con K de queixo"!!!!
Comentarios (1) - Categoría: A presentación - Publicado o 22-09-2012 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA DE GUADALUPE 2012
Un ano máis Vai de Roda actuou o domingo de Guadalupe en Rianxo. Parabéns ós debutantes que se estrearon ó grande e por suposto triunfaron.
Gracias a todos os que o fixéchedes posible dende os músicos e bailadores ata as axudantes de vestiario e por suposto a todos os que viñéchedes a vernos para compartir esta tarde con nós.

Comentarios (0) - Categoría: A presentación - Publicado o 10-09-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO de XACARANDAINA
Este domingo 8 de xullo terá lugar na Coruña o XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.
Os grupos da escola da Escola de Vai de Roda de 7 e 9 Ferreñas participarán no mesmo.

¡Moita sorte!






Fotos da actuación no XXXII Concurso de baile tradicional de Xacarandaina celebrado en 2011
Categoría: A presentación - Publicado o 04-07-2012 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
ACTUACIÓN EN LUAR


O pasado 13 de Febreiro tivo lugar no programa Luar a brllante e colorida actuación dos grupos de 7 e 9 ferreñas de Vai de Roda coa danza de entroido de Santa Cristina de Cobres. A vestimenta da mesma corresponde a unha antiga tradición da zona de Santa Cristina e San Adrián de Cobres. Así os mozos e mozas da zona vestidos con estes vistosos e elaborados traxes, pasean e bailan polas rúas para festexar o entroido. Reciben o nome de "Madamas" e "Galáns". Esta tradición ainda hoxe se mantén viva gracias ós veciños destas parroquias. Todo un luxo para o patrimonio cultural de Galicia que quixemos recoller e compartir con vós.
Categoría: A presentación - Publicado o 13-04-2012 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA A UN ARTESÁN
O 18 de Decembro visitamos a un artesán afincado en Rianxo no seu taller de instrumentos: Enrique Moure. Ensinounos moitos instrumentos, cómo tocalos e incluso houbo quen practicou con algún....




Categoría: A presentación - Publicado o 28-03-2012 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE COLARES
O 13 de novembro tivo lugar no local de ensaio un Obradoiro para que tódolos membros da asociación puderan aprender a elaborar os seus propios colares como parte do traxe tradicional de cada un. A clase foi impartida por Daniel Pereira, Rodrigo Lorenzo e Ana Ares.



Categoría: A presentación - Publicado o 28-03-2012 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Quen somos?
A asociación de música e baile tradicional "Vai de Roda" nace como entidade sen ánimo de lucro para promover e divulgar a música e baile tradicional galego, así como todas aquelas formas de expresión que estes leven asociados (tecidos, vestimentas, costumes...), e así se reflicte nos seus estatutos, constituíndose legalmente en decembro do ano 2004.
Para esta tarefa semellaba imprescindible a creación dunha escola de música e baile tradicional.
Tras catro anos de traballo, os excelentes resultados da escola, que funciona con seccións infantil, xuvenil e adulta de baile, pandeireta, gaita e percusión, amósannos a necesidade de darlle continuidade ao noso proxecto.
Na actualidade ademais da escola a asociación conta cun grupo de pandeireteiras e unha charanga constituida por gaitas, acordeón, percusión, clarinete, saxo e frauta.
Ao longo destes anos Vai de Roda integrouse plenamente no calendario de actividades culturais organizadas polo Concello de Rianxo e tamén nas diferentes celebracións das asociacións e comisións de festas deste municipio, que contaron coa súa participación. Vai de Roda tamén levou a música e danza tradicionais a moitos outros lugares de Galicia e a progrmas da T.V.G.
Destacar dentro das actividades organizadas pola entidade e contando coa colaboración do concello, a celebración do "Serán Mar de Rianxo" que comezou a súa andadura no ano 2006. O éxito da primeira edición fixo evidente a necesidade de consolidar esta iniciativa e así celebrouse unha segunda edición no 2007 e na actualidade estase traballando na preparación do que será o "III Serán Mar de Rianxo".
Neste curso 2007/2008 botamos a andar o noso blog que pretendemos sexa un espazo desde o que mostrar o traballo que se está a desenvolver na asociación e desde o que promover e divulgar a nosa razón de ser, a música e o baile tradicionais.
E nesta nosa presentación na blogosfera queremos tamén agradecer todos os apoios que ao longo destes catro anos temos recibido de institucións e persoas de Rianxo e de diferentes lugares de Galicia.


Comentarios (0) - Categoría: A presentación - Publicado o 10-02-2008 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis