VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro
Hoxe estrea no auditorio Sempre en Rianxo. O soño de barbeiro, obra do rianxeiro Pancho Martínez, que tal e como el mesmo di "pretende ofrecer unha visión sinxela do Rianxo máis xenial". E pretende facelo da man de máis de cincuenta persoas de Rianxo que participan nesta peza teatral representando aos moitos persoeiros do noso rico pasado cultural e tamén ás xentes do pobo.
Na obra participan Sabela e Marina con dous dos nosos cabezudos: Peito de Lobo e a velliña.
Hoxe os meniños non foron á escola, estamos en alerta laranxa, pero contra vento e marea estaremos no auditorio nesta estrea, porque a obra promete. E para quen non se atreva hoxe están as funcións do sábado e do domingo.
Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 23-01-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do CD Son de Rianxo

O venres 14 presentouse o CD Son de Rianxo no auditorio do C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña.
O actou contou coa actuación en directo da charanga de Vai de Roda, da Banda de gaitas Buxaina, do grupo Río do Anxo e tamén de Xosé Romero fillo dos Rosales de Asados, que mostrou así o seu apoio ao proxecto.
E como xa é habitual Vai de Roda tamén sacou os seus instrumentos para montar foliada despois de tomar os pinchos. Mira que che hai ganiñas de festa, eh! Pois que nos duren!



Comentarios (2) - Categoría: Actuacións - Publicado o 16-11-2008 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Sarandón

A fin de semana pasada estivo chea de actividades e boa música en Sarándón (Vedra).
A charanga e as pandereteiras de Vai de Roda participaron no xantar e na foliada que tivo lugar o domingo 26 como peche dunha fin de semana moi intensa.
Montouse unha boa festa coa participación de:
A requinta da Laxeira, Grupo de requinteiros A Gaita de Sarandón, Os Campantes da Baña, , Os Esfolladores de Illobre e Vai de Roda de Rianxo.
Noraboa á Asociación Cultural San Campio por un magnífico xantar, por unha boa foliada e polo bo ambiente que se viviu durante toda a xornada.
Comentarios (2) - Categoría: Actuacións - Publicado o 27-10-2008 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA!

Xa temos unha boa reportaxe fotográfica da gala da Guadalupe 2008. Nesta foto vemos o aspecto da praza no saúdo final dos bailadores e bailadoras, as pandereteiras e a charanga.
O espectáculo foi un éxito. Grazas a todas aquelas persoas que contribuiron a facelo realidade traballando arreo durante estes últimos meses.

Premede aquí para ver máis fotos.

Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 22-09-2008 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
VAI de RODA nas festas da GUADALUPE

Comentarios (4) - Categoría: Actuacións - Publicado o 14-09-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
De xira
A murga de Vai de Roda tivo un verán ben movido recorrendo as festas do país: Cabo de Cruz, Vilasantar, Boimorto, Muxía e Corcubión puideron deleitarse coa nosa charanga en acción. As pandereteiras acompañáronnos en Muxía, espectáculo ao completo!
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 14-09-2008 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Rachada na Baña
Hoxe 5 de xullo VII Festa Rachada na Baña coa actuación entre outros de Vai de Roda.
Non deixedes de achegarvos á Area Recreativa Agra de Chans en San Vicente da Baña.
Dende as 13:00 horas actuarán:
Os Pequenos da Baña.
Armadanzas de Laraño (Baile Tradicional).
Murga e Pandereteiras Vai de Roda, Rianxo.
Charanga Follas Novas , Ames
O Trioliro.
Murga Os Campantes da Baña,
e a espectacular actuación de O CarriÇo (Coimbra).
Tamén participarán os gaiteiros (uilleanpipe e whistles) Dennis O´Toole e Carmel O´Leary (Irlanda).

E xa á noite, estarán como convidados á foliada:
Milloverde da Coruña, Os Enxebres de Cacheiras, Pablo Carpintero, Raúl Galego, Charanga de Ultreia, Os Contracochenos, Os Viqueiras de Ordes e todos aqueles e aquelas que os queiran acompañar cos seus instrumentos porque a troula continuará ata...

Ao longo do serán levaranse a cabo obradoiros para pequen@s e maiores.
Contan con zona de acampada e lémbrannos que temos que levar o xantar e a merenda para ir repoñendo forzas.

Non o pensedes máis, nós xa marchamos para alá. Vémonos na Baña.
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 05-07-2008 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Traballo en equipo

Como ten que ser.
Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 05-07-2008 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Na festa das Galescolas
Vai de Roda actuou na I Festa Fin de Curso das Galescolas que se celebrou o pasado 22 de xuño no Campus sur de Santiago de Compostela. A charanga e as pandereteiras animaron ao longo da mañá unha festa chea de obradoiros, de música, de contos e sobre todos nenos e nenas que tamén gozaron da nosa música tradicional.



Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 05-07-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Rumba de Palmira de Soutomaior
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 23-06-2008 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis