VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Esas pandes!
Aquí están as pandereteiras de Vai de Roda, só falta Ana que non poido ir a Braojos.
Esta foto vai para Patri; xa queda menos!

Entrade en Vai de Roda en Imaxes para ver máis fotos.
Comentarios (7) - Categoría: Actuacións - Publicado o 04-06-2008 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Roda en Braojos de la Sierra

O pasado sábado Vai de Roda actuou en Braojos de la Sierra (Madrid) dentro da IX Jornada de Música y Tradiciones que organiza o concello e a oficina da xuventude coa colaboración dos veciños e veciñas do pobo. Esta actividade forma parte dun programa máis amplo denominado Braojos Tradicional que se desenvolve ao longo de todo o ano e que inclue unha interesante programación de talleres, exposicións, rotas...
Viaxou con nós ata Braojos o grupo de baile tradicional Alborada Santa Lucía.
Puidemos participar nos talleres de barro, cestería, papel, malabares... Escoitamos música de dulzaina, degustamos as especialidades gastronómicas da zona...
Chegou o momento da nosa actuación e chovía a chuzos, pero contra vento e marea Vai de Roda e Alborada actuaron baixo a carpa de Braojos, demostrando que @s galeg@s somos xente curtida e que nos vai a festa unha barbaridade. E descubrimos que era algo que tiñamos tamén en común coa xente de Braojos Tradicional
Á noite concertos de Eliseo Parra e Javier Paxariño na igrexa de Braojos, todo un luxo! E máis festa galega no albergue e na carpa.
A viaxe foi longa pero pagou a pena.
Saúdos desde Rianxo a Braojos e aos de Alborada.
Comentarios (7) - Categoría: Actuacións - Publicado o 03-06-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
O Suqui Suqui
Os parrafeadores de Vai de Roda coa charanga cantan Cantos de Bodega de Oímbra, entre eles o Suqui Suqui.



Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 02-03-2008 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Rumba de Pucho
Outro dos videos de presentación da charanga, neste caso a Rumba de Pucho na Guadalupe do 2007.



Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 02-03-2008 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xota cruzada de Calvos
Xa está aquí o primeiro dos videos das actuacións de Vai de Roda. A charanga ao completo interpretando a Xota Cruzada de Calvos nas festas da Guadalupe.


Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 25-02-2008 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis