VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Programa VI Serán
Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!


Clicade sobre a imaxe para ver o programa en pantalla completa.


Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 07-06-2011 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
VI Serán Mar de Rianxo

Xa está aquí!
Ide reservando o día e atentos á nosa páxina, este ano o Serán Mar de Rianxo terá sorpresas que vos iremos contando... pouco a pouco.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 05-06-2011 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Making off
Así naceron os peixes, estrelas de mar, gaivotas, ondas e cabaliño de mar do V Serán.

Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 14-05-2010 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Arrasamos!
O mércores atopámonos con esta reportaxe en La Voz de Galicia.
Gústounos, pero sobre todo gústanos saber que quen veu cubrir o Serán sentiuse tan a gusto como para escribir esta reportaxe. Esperamos que todos os que pasastes pola lonxa o pasado sábado tiverades a mesma sensación.
Graciñas!

Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 14-05-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Grazas por este V Serán
Coma sempre, rematado o traballo, apenas recuperando as forzas da asociación verquidas na organziación do V Serán Mar de Rianxo, queremos lembrar que se isto foi posíbel é grazas a:

- O Concello de Rianxo e en especial á Concellaría de Cultura que en todo momento prestou o seu apoio.
-A Confraría de Pescadores de Rianxo por cedernos un ano máis a lonxa, na que sempre nos sentimos tan comodos.
- Á Galbán-Bravo e Comojo que nos trouxeron os mexillóns.
- A Cortizo-Rianxo de Conservas que nos deixou cocer o mexillón na súa empresa.
- Os operarios do concello de Rianxo que montaron o palco e botaron man en todo canto lles pedimos.
- Bandín e ao seu equipo que se encargou do son e nos acompañou ata altas horas da noite.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas, dando ánimos, apoiando en todo momento...
- A todos os grupos que participaron no Serán pola vosa música, a vosa paciencia, as vosas ganas de pasalo ben e facer que todos o pasaramos ben.
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- A todo Vai de Roda, por traballar antes, durante e despois do Serán para que todo saíra tan ben.

Queremos tamén pedir disculpas por todos os erros que poideramos cometer, sempre se nos poden escapar cousas; a nosa intención un ano máis era que todo o mundo se sentira como na casa e que a noite fora unha festa para todos: público, músicos, colaboradores...


Graciñas
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 11-05-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
RIFAS NO SERÁN
Mentres agardamos por fotos ou vídeos e nos imos recuperando da festaza do sábado, vai o resultado do sorteo das rifas do serán.
Un deles xa ten dona: foise para unha amiga de Tordoia que pasará unha fin de semana na Casa Grande de Vilanova en Remesar-A Estrada.

LOTE CONSERVAS CORTIZO: nº premiado 1554
CEA CASA DO VILAR RIANXO-2 persoas: 488
NOITE CASA GRANDE 2 persoas: 180 (Vendido en Tordoia)

Son números vendidos polo que os donos/as dos boletos teñen que aparecer. Agardamos.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 10-05-2010 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE Á NOITE!
XA estamos, xa se respira festa!
Hoxe ás oito da tarde na LONXA da Confraría de Pescadores de Rianxo comezará o V Serán Mar de Rianxo. Non nos atrevemos a poñer hora de remate por razóns obvias.
Música, baile, boa comida, boa compaña, enciclopedias do folclore (en palabras de Dani) compartindo sabiduría e ganas de troula con xente moza e un bo acubillo para unha noite que, tal e como xa anunciaran os mouchos, ameaza a chuvia e sobre todo a frío.
Pero que chova, que chova, que chova, que chova a cachón....
Seguide ás indicacións que atoparedes estratéxicamente colocadas nos cruces, non hai perda.
Agardámosvos!
Vai de Roda

Create your own Animation
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 08-05-2010 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
DOUS DÍAS
Quedan só dous días para o V Serán Mar de Rianxo!
Máis de vinte e cinco grupos inscritos que armarán festa da boa desde as oito da tarde en diante.
Gaiteiros, gaiteiras, pandereteiros e pandereteiras aínda estades en tempo para vos anotar.
Bailadoras, bailadores ide quentando motores, xa non queda nada.
Estade atentos á páxina, ás indicacións que colocaremos nas entradas de Rianxo e ... ao ceo para saber se finalmente o Serán se celebra no Campo de Arriba ou na Lonxa da Confraría de Pescadores.

Sexa onde sexa o que está claro é que este sábado:

HAI SERÁN EN RIANXO!



VdRIMG_6899


E os mouchos non sempre levan a razón.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 05-05-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros grupos confirmados para o serán!
Chegan as primeiras inscricións para o V Serán do Mar de Rianxo. Lembrade 8 de maio a partir das 20 h. no Campo de Arriba de Rianxo.

Entre outros:

Gaiteiros de Liñares
Os Campantes da Baña
Novas amistades de Nespereira
As Anduriñas de Pazos de Borbén
O Lecer de Pazos de Borbén
Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón
Pandeireteiras d´A Ermida
Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén
As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)
Pandeireteiras de Regodobargo
Pandereteiras Aleivosía de Rianxo (asoc. Fogo Fátuo)
Grupo de pandeireteiras Lumieira de Boiro
Gaiteiros Millo Verde
Pandeireteiras A Liorna de Negreira
Pandereteiras de Limiñoa
Pandereteiras de Numide
Pandereteiras de Anxeriz
O gaiteiro Flor da Maquía
Os atrevidos do Carballal
Panderereiras da Herba Verde de Laxoso
Pandereteiras de Santiago de Oliveira de Ponteareas
Grupo infantil Teixedal do Colexio Castelao de Rianxo


E seguirán..Animarse gaiteiros! Tamén aproveitamos para amosar o cartel desta edición e animar aos grupos a seguir anotándose para configurar a orde de intervención.

Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 19-04-2010 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán Mar de Rianxo
O vindeiro 8 de maio é a data escollida para a celebración do V Serán Mar de Rianxo. Coma sempre nestes últimos anos, agardamos poder celebralo no Campo de Arriba, mais temos prevista a lonxa en caso de choiva, cedida grazas á Confraría de Pescadores.

Dará comezo ás 20 h. cun espazo dirixido principalmente ás crianzas. Logo, a partir das 21 h. iranse sucedendo as actuacións dos grupos que vos vaiades inscribindo.

Podedes mandar a vosa inscrición ao noso correo electrónico vaiderodarianxo@gmail.com. Agardámosvos!
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 14-04-2010 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal



Contador gratis