VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

GRAZAS!

Hoxe que xa empezamos a recuperar a normalidade despois dunha fin de semana tan intensa queremos agradecer que o III serán Mar de Rianxo fora un éxito a:
- Os operarios do concello de Rianxo que a primeira hora do sábado montaron o palco e botaron man de boa gana en todo canto lles pedimos.
- Os operarios que se encargaron da instalación da iluminación.
- Bandín e ao seu equipo que se encargou do son e nos acompañou ata ben entrado o domingo.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
-O Concello de Rianxo que en todo momento prestou o seu apoio.
-A Confraría de Pescadores de Rianxo por estares sempre aí chova, vente ou faga frío e cedernos tan bo local.
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas... Coma sempre, non nos chegan as palabras de agradecemento.
- A todos os grupos que participaron no Serán por regalarnos a vosa música, a vosa experiencia, o voso bo facer .
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- As familias dos nenos e nenas de Vai de Roda por crer neste proxecto e trasmitirllo aos seus fillos/as.
- A Vai de Roda polo esforzo de todos estes meses e polo cariño con que se preparou este Serán.

Queremos tamén pedir disculpas por posibles erros, foran os que foran; a nosa intención era que todo o mundo se sentira como na casa e que a noite fora unha festa para todos: público, músicos, colaboradores...

Nuns días colgaremos as fotos do serán, está que vedes só é un adianto.

Graciñas e a polo IV Serán Mar de Rianxo

Vai de Roda
Comentarios (1) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-05-2008 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Máis grupos inscritos

Os grupos seguen a inscribirse, promete ser un serán dos de lembrar.
Aquí vén a forza gaiteira e pandereteira da Barbanza!!


Gaiteiros de Isorna antigo Ollando as Cercas co seu mestre e fundador Xosé Romero.
Pandereteiras das Amas de Casa de Catoira
Pandereteiras de Tahume - Olveira
Gaiteiros de Río do Anxo de Asados
Pandereteiras do Liceo de Rianxo
Comentarios (2) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 06-05-2008 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos xa inscritos no Serán

Isto vaise animando, polo de agora xa temos confirmados os seguintes grupos para o III Serán Mar de Rianxo. Xa non queda moito para o sábado, así que non o pensedes máis, inscribídevos!

Os Campantes da Baña
Os Pequenos da Baña
Asoc. cultural Rueira fillos de Palmeira
Os "Quen son estes" de Cacheiras
Milloverde da Coruña
Veciños de Numide,
Veciños de Limiñoa
As Anduriñas de Pazo de Borbén
Novas Amistades de Nespereira
As da Ermida
Pandereteiras de San Vicente de Oitaven
Veciños de Toutón
Dignas del Querer de Laxoso
Pandereteiras do Rego do Bargo de Pontecaldelas
Pandereteriras de "Árdelle o eixo" de Nespereira
Tarambaina I de Lavadores
Tarambaina II de Lavadores
Comentarios (1) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 05-05-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xa está aquí!!

Xa temos cartel para o serán; mirade que ambientazo.
Animádevos a participar, inscribídevos se tedes un grupo e se non o tedes non deixedes de vir a Rianxo o 10 de maio para bailar, cantar e gozar da festa.

Comentarios (2) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 15-04-2008 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
10 de maio
O sábado 10 de maio no Campo de Arriba de Rianxo, ás nove e media da noite comezará o III Serán do Mar organizado por Vai de Roda. Estade atentos á información que iremos colgando no blog e non deixedes de botar un ollo ao contador da man dereita. Xa queda menos ...
Comentarios (3) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 20-03-2008 02:53
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Mar de Rianxo
Na idea de preservar os costumes tradicionais galegos, Vai de Roda decide no ano 2006 realizar o que foi o primeiro serán do concello de Rianxo, dando a coñecer para o público da zona un uso tradicional moi arraigado nas zonas rurais de Galicia tempos atrás e que actualmente entrou nun momento de recuperación, grazas precisamente ao esforzo de asociacións como a nosa, que traballan para que este elemento enriquecedor da cultura galega non caia no esquecemento.
O esforzo de facer un serán na nosa terra é dobre, dado que a tradición propia non axuda e temos que "importar" a memoria dos seráns doutros concellos. A organización necesitou dispor dun grupo de persoas maiores que nos transmitiron en directo e en primeira persoa como se vivían os seráns nos tempos nos que se realizaban sen necesidade de intervención de asociación algunha. Contamos coa participación da memoria viva dos seráns de maior sona de Galicia procedentes dos lugares de Moscoso, Hermida, Pazos de Borbén , Amoedo, Toutón e Ponte Caldelas, todos na provincia de Pontevedra. Grazas a eles, o I Serán do Mar de Rianxo acadou o recoñecemento do público asistente, que nos trasmiteu a petición de continuidade e -o que para nós foi mais importante- o reconocemento das persoas maiores que participaron, tanto dos que subiron ao escenario a cantar e o tocar e dos que bailaron no campo -dos máis veteranos e expertos bailadores da montaña galega- como dos nosos maiores de Rianxo, que disfrutaron coa música e o baile no Campo de Arriba.
Cando fixemos o primeiro serán xa tiñamos vocación de continuidade por iso o numeramos: 1º. Pero non o tiñamos moi claro, non sabiamos que repercusión ia ter no noso municipio, onde o serán non está arraigado. A realidade sorprendeunos gratamente polos eloxios recibidos os días posteriores ao serán e porque moitos veciños e veciñas de Rianxo esperaban polo próximo e nos animaban a continuar. O serán gustou moito, tanto a xente maior como á xente nova e foi un punto de encontro de persoas de todas as idades. Gustounos tamén ver como o número de grupos de Rianxo que subiron ao palco superou as nosas previsións.
O segundo serán celebrouse na lonxa de Rianxo, cedida pola confraría xa que o tempo non nos acompañou. Contamos de novo coa participación das persoas mais relevantes neste tipo de acontecementos dos lugares de Toutón, Pazos de Borbén, A Ermida, San Vicente de Oitavén, Laxoso, Barro de Arén, Oroso e Cercedo. Como novidade convidamos a un grupo de veteranos bailadores e cantareiras de Limiñoa, do concello de Ponteceso, no extremo mais oriental da Costa da Morte, que nos presentaron cantares e maneos, a muiñeira ribeirana e outros costumes da zona.
A segunda edición do Serán Mar de Rianxo resultou un éxito, nin a chuvia que caeu a cachón e sen tregua puido con el. Así que parece claro que os seráns se van consolidar en Rianxo e Vai de Roda, como non, xa está a traballar na organización da terceira edición.
Para ver unha mostra do ambientazo do ano pasado preme aquí.

Comentarios (0) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 10-02-2008 02:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal



Contador gratis