VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Serán Mar de Rianxo
Na idea de preservar os costumes tradicionais galegos, Vai de Roda decide no ano 2006 realizar o que foi o primeiro serán do concello de Rianxo, dando a coñecer para o público da zona un uso tradicional moi arraigado nas zonas rurais de Galicia tempos atrás e que actualmente entrou nun momento de recuperación, grazas precisamente ao esforzo de asociacións como a nosa, que traballan para que este elemento enriquecedor da cultura galega non caia no esquecemento.
O esforzo de facer un serán na nosa terra é dobre, dado que a tradición propia non axuda e temos que "importar" a memoria dos seráns doutros concellos. A organización necesitou dispor dun grupo de persoas maiores que nos transmitiron en directo e en primeira persoa como se vivían os seráns nos tempos nos que se realizaban sen necesidade de intervención de asociación algunha. Contamos coa participación da memoria viva dos seráns de maior sona de Galicia procedentes dos lugares de Moscoso, Hermida, Pazos de Borbén , Amoedo, Toutón e Ponte Caldelas, todos na provincia de Pontevedra. Grazas a eles, o I Serán do Mar de Rianxo acadou o recoñecemento do público asistente, que nos trasmiteu a petición de continuidade e -o que para nós foi mais importante- o reconocemento das persoas maiores que participaron, tanto dos que subiron ao escenario a cantar e o tocar e dos que bailaron no campo -dos máis veteranos e expertos bailadores da montaña galega- como dos nosos maiores de Rianxo, que disfrutaron coa música e o baile no Campo de Arriba.
Cando fixemos o primeiro serán xa tiñamos vocación de continuidade por iso o numeramos: 1º. Pero non o tiñamos moi claro, non sabiamos que repercusión ia ter no noso municipio, onde o serán non está arraigado. A realidade sorprendeunos gratamente polos eloxios recibidos os días posteriores ao serán e porque moitos veciños e veciñas de Rianxo esperaban polo próximo e nos animaban a continuar. O serán gustou moito, tanto a xente maior como á xente nova e foi un punto de encontro de persoas de todas as idades. Gustounos tamén ver como o número de grupos de Rianxo que subiron ao palco superou as nosas previsións.
O segundo serán celebrouse na lonxa de Rianxo, cedida pola confraría xa que o tempo non nos acompañou. Contamos de novo coa participación das persoas mais relevantes neste tipo de acontecementos dos lugares de Toutón, Pazos de Borbén, A Ermida, San Vicente de Oitavén, Laxoso, Barro de Arén, Oroso e Cercedo. Como novidade convidamos a un grupo de veteranos bailadores e cantareiras de Limiñoa, do concello de Ponteceso, no extremo mais oriental da Costa da Morte, que nos presentaron cantares e maneos, a muiñeira ribeirana e outros costumes da zona.
A segunda edición do Serán Mar de Rianxo resultou un éxito, nin a chuvia que caeu a cachón e sen tregua puido con el. Así que parece claro que os seráns se van consolidar en Rianxo e Vai de Roda, como non, xa está a traballar na organización da terceira edición.
Para ver unha mostra do ambientazo do ano pasado preme aquí.

Comentarios (0) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 10-02-2008 02:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis