VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

FESTAS DA GUADALUPE 2011
A actuación de Vai de Roda tivo lugar no Auditorio Municipal de Rianxo debido a que o tempo non acompañaba para actuar na praza de Rafael Dieste.

Coma sempre brilaron coma estrelas dende os bailadores máis pequenos ata os grandes músicos da charanga.






Categoría: Actuacións - Publicado o 28-03-2012 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
En Tordoia


Tremenda festaza na Pontraga! Agradecer o traballo da asociación Brisas do Quenllo que coidou todos os detalles e nos fixo sentir coma na casa. Noraboa polo voso traballo para manter viva esta festa.
Un saúdo especial para Félix e a súa muller por abrirnos as portas da súa casa.
O ben que o pasamos xa se ve nas fotos, ou non?

Grazas!
Categoría: Actuacións - Publicado o 25-08-2011 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
XII Romaría Galega na Pontraga


O sábado 23 estaremos na Romaría Galega que organiza a asociación Brisas do Quenllo na Pontraga en Tordoia. Como vedes no programa, haberá de todo: baile, música, contos, grupos galegos, portugueses e casteláns, un bo xantar, festa... Xa sabedes onde ir pasar o sábado que vén.
Categoría: Actuacións - Publicado o 22-07-2011 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Venres no Luar

Este venres, no último Luar da tempada, que se gravou o martes 19, actúan os 7 Ferreñas, os 9 Ferreñas e a Charanga de Vai de Roda. Non o perdades!
Categoría: Actuacións - Publicado o 21-07-2011 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
NA FESTA DO ESCALO EN CHAIÁN

E volvemos a Trazo, desta volta á beiriña do Tambre, na Festa do Escalo, o domingo 17. A charanga amenizando a sesión vermú e coa escola de baile pola tarde.

Categoría: Actuacións - Publicado o 18-07-2011 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
EN XAVESTRE

A nosa roda de verán comezou a xirar o 10 de xullo en Xavestre (Trazo), coa charanga e os grupos da escola de baile.
O verán vén completiño, xa iremos informando.


Categoría: Actuacións - Publicado o 18-07-2011 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
GRAZAS


Queremos expresar o noso agradecemento ás seguintes entidades e persoas por facer posible, un ano máis, o noso serán:
- O Concello de Rianxo e en especial á Concellaría de Cultura que en todo momento prestou o seu apoio.
- Á Galbán-Bravo e Comojo que nos trouxeron os mexillóns.
- A Cortizo-Rianxo de Conservas, onde, un ano máis, cocemos os mexillóns.
- Aos operarios do concello de Rianxo que montaron o palco e a iluminación.
- A Bandín e ao seu equipo que se encargaron do son.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
- A Nuco Losada por ofrecerse a colaborar con nós e pola fermosísima escultura que nos doou.
- A Pedro e Sandra, pola súa creatividade, polo seu tempo, pola súa paciencia...
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas, dando ánimos, apoiando en todo momento...
- A Hipólito, Dosi, Luís e Emilio por manter viva a tradición e compartila con nós.
- A todos os grupos que participaron no Serán pola vosa música e as vosas ganas de pasalo ben e facer que todos o pasaramos ben.
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- A todo Vai de Roda: charanga, pandereteiras, escola, familias e profes por traballar antes, durante e despois do Serán.


Graciñas
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 18-07-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
O SERANCIÑO

Nesta nova edición do Serán de Vai de Roda, quixemos incorporar un "Seranciño". Trátase dun espazo adicado aos meniños no que poden participar todos aqueles rapaces e rapazas que, pertenzan ou non a unha agrupación, queiran pasalo ben cantando, bailando e xogando con rapaces doutros lugares.
O obxectivo deste "Seranciño" é a convivencia a través dos vínculos creados nos xogos, bailes e músicas tradicionais.
Os nosos pequenos poderán subir o escenario a tocar e cantar coa súa agrupación, bailar con outros nenos e nenas, aprender xogos e bailes tradicionais ..... e moitas máis sorpresas.
E como seranciño que é, non ha faltar unha boa merenda.


Co fin de conseguir unha mellor organización da actividade, solicitamos ás asociacións que cumprimenten o formulario do Seranciño: enlace ao formulario

Agardámosvos no Seranciño de Vai de Roda, o sábado 18 de xuño, entre as 20:00 e as 22:00 no Campo de arriba de Rianxo.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Formulario de inscrición aos Obradoiros do Serán Mar de Rianxo
Para inscribirvos nos Obradoiros tedes dispoñible o formulario.

Antes de nada tede en conta:
- Para cada obradoiro teredes que encher un formulario independente.
- Cando enchades o formulario este enviarase á organización e vos confirmarán por correo electrónico a dispoñibilidade de prazas e o número de conta ao que teredes que facer o ingreso.

O formulario: Formulario de inscrición
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile: Bailes da Serra do Suído, Edreira Vella
Hipólito e DosyImpartido por: Hipólito e Dosy.
Horario: de 18 a 20 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo (escenario).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de baile.
- Levar calzado de suela branda.

Os profesores: O señor Hipólito e a súa dona Dosy son un dos mellores expoñentes dos bailes que se facían na serra do Suído, e maís concretamente nas parroquias de Couso, Edreira Vella e Abelenda (concello de Avión).
Durante dúas horas, este matrimonio levaranos de viaxe polas ruadas nas que tanto bailaron e mocearon. Bailaremos os tres ritmos da ruada: a muiñeira, a "apurada" ou jota e mailo vals (nome xenérico co que se referían o agarrado).
Aprenderemos as principais caracteristicas dos bailes desta preciosa terra; así coma as particularidades dos puntos que os diferencian doutras comarcas lindeiras.
Todo un luxo para Vai de Roda poder contar con informantes desta categoría.

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario)
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis