VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Exitosa participación na Estrada!

A estrea da participación das agrupacións de Vai de Roda de Rianxo nos concursos non puido ser mellor. As dúas formacións que acudiron ao prestixioso VI certame de Baile Tradicional Tequexeteldere na Estrada, o pasado 1 de maio, viñeron con dous segundos premios, despois de concursar con formacións como A Ponte Vella, Os Xeitosos de Trazo, Cantigas e Agarimos ou Donaire da Coruña. Vai de Roda está moi satisfeita polo que supón de confirmación do traballo ben feito desde a escola coa implicación de todas as familias. Un impulso nas datas previas a ese momento importante como é o noso V Serán Mar de Rianxo o sábado 8 de maio.

Máis alá de premios, estar con moitos outros grupos de nenos e nenas, participar nos eventos, coñecer o traballo de outras formacións que aman o noso baile e a nosa música é realmente o premio.

En datas próximas iremos subindo os vídeos da actuación da Estrada.

CATEGORÍA A ( de 7 a 9 anos):
1º premio: O Muíño da Retorta do C.C. A Ponte Vella.
2º premio: Sete Ferreñas da AMBT Vai de Roda.
3º premio: Donairiño da AC Donaire.

CATEGORÍA B (de 9 a 12 anos):
1º premio:Grupo "C" de Cantigas e Agarimos.
2º premio: Nove Ferreñas da AMBT Vai de Roda.
3º premio: Tras do Eo do C.C. A Ponte Vella.
Categoría: Escola - Publicado o 03-05-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
No concurso de Tequexetéldere
Hoxe os nosos bailadores e bailadoras máis novos participarán no VI Concurso de Baile Tradicional da Asociación Tequexetéldere.
A cita é no Teatro Principal de A Estrada a partires das cinco da tarde.
Pasádeo moi ben bailando! Iso é o importante.

Categoría: Actuacións - Publicado o 01-05-2010 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros grupos confirmados para o serán!
Chegan as primeiras inscricións para o V Serán do Mar de Rianxo. Lembrade 8 de maio a partir das 20 h. no Campo de Arriba de Rianxo.

Entre outros:

Gaiteiros de Liñares
Os Campantes da Baña
Novas amistades de Nespereira
As Anduriñas de Pazos de Borbén
O Lecer de Pazos de Borbén
Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón
Pandeireteiras d´A Ermida
Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén
As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)
Pandeireteiras de Regodobargo
Pandereteiras Aleivosía de Rianxo (asoc. Fogo Fátuo)
Grupo de pandeireteiras Lumieira de Boiro
Gaiteiros Millo Verde
Pandeireteiras A Liorna de Negreira
Pandereteiras de Limiñoa
Pandereteiras de Numide
Pandereteiras de Anxeriz
O gaiteiro Flor da Maquía
Os atrevidos do Carballal
Panderereiras da Herba Verde de Laxoso
Pandereteiras de Santiago de Oliveira de Ponteareas
Grupo infantil Teixedal do Colexio Castelao de Rianxo


E seguirán..Animarse gaiteiros! Tamén aproveitamos para amosar o cartel desta edición e animar aos grupos a seguir anotándose para configurar a orde de intervención.

Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 19-04-2010 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán Mar de Rianxo
O vindeiro 8 de maio é a data escollida para a celebración do V Serán Mar de Rianxo. Coma sempre nestes últimos anos, agardamos poder celebralo no Campo de Arriba, mais temos prevista a lonxa en caso de choiva, cedida grazas á Confraría de Pescadores.

Dará comezo ás 20 h. cun espazo dirixido principalmente ás crianzas. Logo, a partir das 21 h. iranse sucedendo as actuacións dos grupos que vos vaiades inscribindo.

Podedes mandar a vosa inscrición ao noso correo electrónico vaiderodarianxo@gmail.com. Agardámosvos!
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 14-04-2010 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto didáctico de Xavier Blanco
Sábado 6 de marzo, 19.30 h.
Auditorio Municipal-Entrada Libre

Xavier Blanco é traballador do Concello de Moaña como profesor de gaita onde dirixe a Escola Obradoiro de Instrumentos Musicais Tradicionais. Do seu traballo como investigador dan cumprida conta discos como A Gaita de Cana de Moaña, As Gaitas Troncais ou Os Instrumentos Pobres. Neles amosa a riqueza da nosa música tradicional. O seu concerto didáctico é unha mostra deste traballo de recuperación e das súas habilidades expresivas nas que nos permiten ver a un Xavier Blanco que canta e toca diferentes instrumentos e pezas nunha hora e media de auténtico goce para as persoas que se acheguen ao auditorio rianxeiro.
Categoría: Actuacións - Publicado o 03-03-2010 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
O vello suspiros leva, o novo xa os traerá

Ano novo vida nova
ano novo que traerás
O vello sospiros leva
O novo xa os traerá


Rematamos a andaina deste ano 2009 despois de celebrarmos a gala, actuación, festival, mostra, d´O Aguinaldo. Fermoso punto e final para un ano intenso de actividade de Vai de Roda, na que se celebrou o quinto ano de vida do noso colectivo.

Foron moitos os momentos para a nosa lembranza, nas que salientar as participacións en Aguiño, Cedeira ou Boiro, dos meniños e meniñas da escola, ademáis do propio Rianxo. Unha formación moi viva e como puidemos ver nas actuacións, xermolo e canteira para manter en Rianxo aceso o facho do baile tradicional, xunto a outros colectivos que isto comparten.

Vimos tamén dun ano de consolidación do serán, que chegou á cuarta edición congregando a centos de persoas na lonxa que a este paso se consolidará como o local por antonomasia. Iso sí, se non chove, volverase ao Campo.

Ano de tamén cargado de moitas actuacións das pandeireteiras de Vai de Roda e da nosa charanga de música tradicional que percorreu vinte localidades nun verán e outono intensos e plenos de actuacións. Para poñer ese punto e aparte no serán da Nasa neste mes de decembro. A nosa charanga, as nosas pandeireteiras... A seguir traballando.

E na lembranza unha vez máis a actuación da Guadalupe 09, onde investimos os esforzos colectivos e orzamento propio en dotalo dun equipo de son e iluminación acorde co que compartir cos moitos veciños e veciñas o noso traballo.

Ou o curso de palletas, coa presenza de Cano e Moncho Marín que iniciou a primeira dunha serie de actividades complementarias de formación abertas tamén á participación de persoas que non son de Vai de Roda. Un curso financiado coas achegas do alunado e da asociación.

E finalmente a gala d´O Aguinaldo, onde cincoenta persoas subiron ao escenario ao abeiro de Vai de Roda para compartir e festexar estas datas do Nadal cun auditorio completo de familia, amizades, veciños que a Rianxo viñeron para pasalo ben xunta nós, unha asociación pequena con corazón grande e andaina garantida polos que nos relevarán. Grazas a todos e Feliz 2010!

Categoría: Actuacións - Publicado o 30-12-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Gala de Nadal: o Aguinaldo
O sábado 26 de decembro ás 19 h. no Auditorio de Rianxo estades convidados/as a participar connosco da gala de Nadal, baixo o nome d´O Aguinaldo. Unha boa ocasión para escoitar, e ver, ás diferentes seccións da escola de Vai de Roda interpretando panxoliñas e cantares destas datas e algún dos bailes tradicionais froito do traballo da escola neste primeiro trimestre.

Señores nos marchamos
Moi boas noites
Perdoen se faltamos
Foi sen querer
se nos dan o aguinaldo
teremos alegría para volver

Categoría: Actuacións - Publicado o 21-12-2009 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación d´O Berce das Palletas
O sábado 19 de decembro ás 20.30 h., Vai de Roda presenta no Cuartel Vello de Rianxo o libro O Berce das Palletas. Ten textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín e é un traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dunha ferramenta que nos permite coñecer a fondo cal é o proceso de construción desta peza que constitúe a alma da gaita galega.

É un bon punto e final para o curso de empalletado tradicional impartido por Alexandre Cadarso que está a xuntar na antiga Casa de Cultura a quince persoas interesadas en se achegar a esta confección artesanal.
Comentarios (11) - Categoría: Escola - Publicado o 17-12-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de empalletado tradicional
Vai de Roda, buscando ofrecer a mellor formación sobre un dos elementos centrais da nosa gaita, organiza un monográfico para iniciarse no empalletado tradicional. O curso impárteo Alexandre Cadarso -Cano-, músico e membro de, entre outras formacións, Verdegaio e Follas Novas de Ames.

O material básico achégao o profesor e este curso de 8 horas de duración ten un prezo de 15 euros para os non socios da agrupación.

No transcurso do curso realizarase a presentación do libro O Berce das Palletas. Con textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín, é un traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dunha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita.

Datas: 12 e 19 de decembro
Lugar: Cuartel Vello de Rianxo
Horario: de 16.30 a 20.30 h.
Comentarios (2) - Categoría: Escola - Publicado o 16-11-2009 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAMOS!

Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo.


HORARIO DE ACTIVIDADES

BAILE
Grupo Iniciación ás 16 h. Con Rodrigo Lorenzo
Grupo 7 ferreñas ás 16 h. con Daniel Pereiras
Grupo 9 ferreñas ás 17 h.
Grupo 11 ferreñas ás 18 h.
Grupo de baile de adultos ás 20 h.

PANDEIRETA
Pandeireta 1 Iniciación ás 17 con Carmela Comojo Ordóñez
Pandeireta 2 Medianas ás 18 con Carmela Comojo Ordóñez
Pandeireta 3 Grandes ás 19 h. con Carmela Comojo Ordóñez
Pandeireta 3 Adultos s ás 19 h. Con Daniel Pereiras
Grupo de pandereteiras de VdR ás 21 h. Con Daniel Pereiras

GAITA E CHARANGA
Escola de gaita e percusion ás 16 h. Con Emilio Lois Blanco
Charanga ás 17 h. Con Emilio Lois Blanco

ACORDEÓN
Xoves ás 20.30 h. Con Emilio Lois Blanco

COTAS E FORMA DE PAGO
Nº de conta para realizar os pagos mensuais (dúas opcións)

• Caixa Galicia 2091.0310.10.3040006289
• Caixa Nova 2080.0495.16.0000116684

MATRÍCULA

1. As persoas matriculadas o curso anterior non aboan matrícula este ano.
2. Matrícula anual para novas inscricións na asociación: 10 euros persoa e/ou familia. A ingresar xunto á primeira mensualidade.

COTAS MENSUAIS

Varios prezos e descontos para alunado infantil e familiar a partir de tres persoas matriculadas e descontos por matrícula en varias actividades.

Aluno/a infantil 12€
Adulto/a 15 €
Gaita, acordeón e percusión 15 €

CALENDARIO DAS CLASES

Non haberá clases os sábados:
• 5 de decembro (ponte Constitución),
2 de xaneiro Nadal,
• 20 de febreiro entroido,
• 20 marzo ponte de San Xosé,
• 3 de abril Semana Santa,
• 1 de maio

O 26 de decembro celebraremos o festival Vai de Roda no Auditorio de Rianxo.
Comentarios (4) - Categoría: Escola - Publicado o 12-10-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [12]
© by Abertal



Contador gratis