VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Cedeira
Estivemos en Cedeira o domingo 16 de agosto: escola de baile, charanga e pandereteiras: Vai de Roda ao completo.

Vai de Roda Cedeira
Categoría: Actuacións - Publicado o 18-09-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
En Aguiño
Comezamos a poñernos ao día coas reportaxes fotográficas das actuacións do verán.
O sábado 18 de xullo nas festas do Carme de Aguiño:

Aguiño
Categoría: Actuacións - Publicado o 18-09-2009 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Bravo!

Categoría: Actuacións - Publicado o 18-09-2009 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Guadalupe 2009
Xa estamos na Guadalupe!
Este ano a nosa gala é ademais a primeira das celebracións do noso quinto aniversario.
Aquí tedes o programa de man da actuación desta tarde. Só tedes que premer sobre el para velo en grande.
Lembrade na praza da igrexa ás sete e media. Esperámosvos!

Gala Guadalupe 2009
Categoría: Actuacións - Publicado o 13-09-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra das Culturas de Boiro
Participamos na Mostra das Culturas en Boiro compartindo escenario coas pandereteiras Lumieira e as Xoaniñas de Boiro e o grupo Dançares da Madeira do Porto.
E despois tivemos a sorte de escoitar a RUOTE, que nos fixeron bailar ata non poder máis.



Categoría: Actuacións - Publicado o 13-07-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Na festa de fin de curso da Galescola
Vai de Roda sumouse á festa de fin de curso da Galescola de Rianxo. A charanga animou a tarde e fixo bailar a nenos e grandes no Campo de Arriba. Desta volta tamén estiveron bailando tres dos grupos da nosa escola e as pandereteiras e pandereteiros botaron unha peza. Levamos tres anos sen dar feito o Serán no Campo de Arriba, pero o martes pasado luciu o sol e puidemos tocar e bailar no mellor campo da festa do mundo.



Categoría: Actuacións - Publicado o 06-07-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Superpandes
Onde quera que vaian, con cinco minutiños libres que teñan xa che montan un ensaio, elas son:
As Superpandes de Vai de Roda
Categoría: De parranda - Publicado o 04-07-2009 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xirando en Rois
E xa pola noite, a charanga e as pandereteiras de xira na Festa de San Xoán da Asociación de veciños A Travadeira de Rois.

As fotos non son o resultado dos espíritus da noite de San Xoán, eles sonche así!!


Categoría: Actuacións - Publicado o 04-07-2009 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xirando
O sábado 22 ao mediodía no Campo Maneiro, en Taragoña, no xantar dos 25 anos do C.E.P. Brea Segade.



Categoría: Actuacións - Publicado o 04-07-2009 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Roda vai de xira
Comeza a tempada forte de actuacións e Vai de Roda empeza a xira que este verán a levará a percorrer festas, foliadas e romarías.

Sábado 13 de xuño ás 13 horas Igrexa de Xavestre en Trazo e na romaría posterior.

Sábado 20 de xuño
- Ao mediodía no Xantar Popular do 25 Aniversario do CEP Brea Segade en Taragoña
- A partires das 10 da noite na Festa de San Xoán da A.VV. O Travadoiro en Costa-Rois.

Sábado 27 de xuño ás 12 da mañá en Cerceda.

Sábado 4 de xullo 19:00 horas na Festa das Culturas en Boiro.

Sábado 18 de xullo 20:00 horas nas Festas do Carme en Aguiño.

Sábado 6 de agosto na Festa dos Botes de Arzúa.

Sábado 15 de agosto desde as dez da mañá en Grixóa.

Domingo 16 de Agosto 18:00 horas nas festas de Cedeira.

Venres 22 de agosto 21:00 horas en Oza dos Ríos.

Sábado 23 de agosto no San Roquiño do Monte en Moraime (Muxía).

Domingo 6 de setembro 18:00 horas en Fisterra.



Categoría: Actuacións - Publicado o 13-06-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis