VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Presentación do CD Son de Rianxo

O venres 14 presentouse o CD Son de Rianxo no auditorio do C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña.
O actou contou coa actuación en directo da charanga de Vai de Roda, da Banda de gaitas Buxaina, do grupo Río do Anxo e tamén de Xosé Romero fillo dos Rosales de Asados, que mostrou así o seu apoio ao proxecto.
E como xa é habitual Vai de Roda tamén sacou os seus instrumentos para montar foliada despois de tomar os pinchos. Mira que che hai ganiñas de festa, eh! Pois que nos duren!



Comentarios (2) - Categoría: Actuacións - Publicado o 16-11-2008 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Roda no Son de Rianxo
A charanga de Vai de Roda xa ten o seu primeiro CD!
Trátase dunha colaboración con dous temas no proxecto Son de Rianxo promovido polo Museo Pedagóxico Castelao do C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña e a Asociación Cultural Barbantia. Neste proxecto diferentes grupos de Rianxo reinterpretan temas recollidos aos gaiteiros Ramón Carou e Xosé Figueiras.
Vai de Roda gravou os temas de Xosé Figueiras: Muiñeira de Cerqueiras e Rumba de Cerqueiras. Tamén participan no CD os grupos: Banda de gaitas Buxaina, Café ao tisón, Río do Anxo e Os Cangrexeiros e por suposto Xosé Figueiras e Ramón Carou.
Comentarios (0) - Categoría: Grupos - Publicado o 15-11-2008 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis