VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Rumba de Palmira de Soutomaior
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 23-06-2008 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Esas pandes!
Aquí están as pandereteiras de Vai de Roda, só falta Ana que non poido ir a Braojos.
Esta foto vai para Patri; xa queda menos!

Entrade en Vai de Roda en Imaxes para ver máis fotos.
Comentarios (7) - Categoría: Actuacións - Publicado o 04-06-2008 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Roda en Braojos de la Sierra

O pasado sábado Vai de Roda actuou en Braojos de la Sierra (Madrid) dentro da IX Jornada de Música y Tradiciones que organiza o concello e a oficina da xuventude coa colaboración dos veciños e veciñas do pobo. Esta actividade forma parte dun programa máis amplo denominado Braojos Tradicional que se desenvolve ao longo de todo o ano e que inclue unha interesante programación de talleres, exposicións, rotas...
Viaxou con nós ata Braojos o grupo de baile tradicional Alborada Santa Lucía.
Puidemos participar nos talleres de barro, cestería, papel, malabares... Escoitamos música de dulzaina, degustamos as especialidades gastronómicas da zona...
Chegou o momento da nosa actuación e chovía a chuzos, pero contra vento e marea Vai de Roda e Alborada actuaron baixo a carpa de Braojos, demostrando que @s galeg@s somos xente curtida e que nos vai a festa unha barbaridade. E descubrimos que era algo que tiñamos tamén en común coa xente de Braojos Tradicional
Á noite concertos de Eliseo Parra e Javier Paxariño na igrexa de Braojos, todo un luxo! E máis festa galega no albergue e na carpa.
A viaxe foi longa pero pagou a pena.
Saúdos desde Rianxo a Braojos e aos de Alborada.
Comentarios (7) - Categoría: Actuacións - Publicado o 03-06-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis