VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O SERANCIÑO

Nesta nova edición do Serán de Vai de Roda, quixemos incorporar un "Seranciño". Trátase dun espazo adicado aos meniños no que poden participar todos aqueles rapaces e rapazas que, pertenzan ou non a unha agrupación, queiran pasalo ben cantando, bailando e xogando con rapaces doutros lugares.
O obxectivo deste "Seranciño" é a convivencia a través dos vínculos creados nos xogos, bailes e músicas tradicionais.
Os nosos pequenos poderán subir o escenario a tocar e cantar coa súa agrupación, bailar con outros nenos e nenas, aprender xogos e bailes tradicionais ..... e moitas máis sorpresas.
E como seranciño que é, non ha faltar unha boa merenda.


Co fin de conseguir unha mellor organización da actividade, solicitamos ás asociacións que cumprimenten o formulario do Seranciño: enlace ao formulario

Agardámosvos no Seranciño de Vai de Roda, o sábado 18 de xuño, entre as 20:00 e as 22:00 no Campo de arriba de Rianxo.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Formulario de inscrición aos Obradoiros do Serán Mar de Rianxo
Para inscribirvos nos Obradoiros tedes dispoñible o formulario.

Antes de nada tede en conta:
- Para cada obradoiro teredes que encher un formulario independente.
- Cando enchades o formulario este enviarase á organización e vos confirmarán por correo electrónico a dispoñibilidade de prazas e o número de conta ao que teredes que facer o ingreso.

O formulario: Formulario de inscrición
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile: Bailes da Serra do Suído, Edreira Vella
Hipólito e DosyImpartido por: Hipólito e Dosy.
Horario: de 18 a 20 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo (escenario).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de baile.
- Levar calzado de suela branda.

Os profesores: O señor Hipólito e a súa dona Dosy son un dos mellores expoñentes dos bailes que se facían na serra do Suído, e maís concretamente nas parroquias de Couso, Edreira Vella e Abelenda (concello de Avión).
Durante dúas horas, este matrimonio levaranos de viaxe polas ruadas nas que tanto bailaron e mocearon. Bailaremos os tres ritmos da ruada: a muiñeira, a "apurada" ou jota e mailo vals (nome xenérico co que se referían o agarrado).
Aprenderemos as principais caracteristicas dos bailes desta preciosa terra; así coma as particularidades dos puntos que os diferencian doutras comarcas lindeiras.
Todo un luxo para Vai de Roda poder contar con informantes desta categoría.

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario)
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Canto e Percusión tradicional: Técnicas de pandeiro no Sur de Galicia
Luis PregoImpartido por: Luís Prego
Horario: de 16 a 18 horas
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prazas: 20
Prezo: 10 €
Requerimentos:
- Levar pandeiro.

Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.

O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego.
Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro “Para cantar e bailar”, (Ed. Do Cúmio, 2008).

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario).
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 08-06-2011 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Técnicas de empalletado e afinación de gaita
Emilio LoisImpartido por: Emilio Lois.
Horario: de 16 a 18 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de gaita.
- Levar gaita.
- Levar unha navalla ben afiada.
- Levar unha palleta.

Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 €.

O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita.
Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña.

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario).
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 08-06-2011 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Programa VI Serán
Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!


Clicade sobre a imaxe para ver o programa en pantalla completa.


Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 07-06-2011 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
VI Serán Mar de Rianxo

Xa está aquí!
Ide reservando o día e atentos á nosa páxina, este ano o Serán Mar de Rianxo terá sorpresas que vos iremos contando... pouco a pouco.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 05-06-2011 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
No Luar
Os Nove Ferreñas e a charanga no Luar en xaneiro do 2011.

Categoría: Actuacións - Publicado o 04-06-2011 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
NO XXXII CONCURSO DE BAILE DE XACARANDAINA
RESULTADOS DO XXXII CONCURSO DE BAILE DA ASOCIACIÓN XACARANDAINA

CATEGORÍA A
: Ata os 8 anos inclusive

1º Premio: O Muíño da Retorta do CC A Ponte Vella de Teo

2º Premio: Sete Ferreñas da A de MBT "Vaideroda" de Rianxo

3º Premio: Rebuldeiros da AC Xacarandaina



CATEGORÍA B: De 9 a 12 anos inclusive

1º Premio: Nove Ferreñas da A de MBT "Vai de Roda" de Rianxo

2º Premio: E da Escola de Folclore de Betanzos

3º Premio:Tras do EO da CC A Ponte Vella



CATEGORÍA C: De 13 a 16 anos inclusive

1º Premio: Garagao da AC Xacarandaina de A Coruña

2º Premio: Grupo "B" da AC "Os Xeitosos" de Trazo

3º Premio: Pedravíxía da AC Adro de Baio



CATEGORÍA D: Maiores de 17 anos

1º Premio: "Repinicoque" da AX Xiradela de Arteixo

2º Premio: Escola Municipal Tequexetéldere de A Estrada

3º Premio: Centro Cultural A Ponte Vella de Teo




NORABOA SETE FERREÑAS!
NORABOA NOVE FERREÑAS!


Como nos gusta vervos bailar!

Noraboa tamén a XACARANDAINA pola organización do concurso.
As fotos deste artigo proceden na súa maioría da Asociación Xacarandaina.
Categoría: Escola - Publicado o 04-06-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Tequexetéldere

















POR QUE SALTA VAI DE RODA?










HAI MOTIVOS...





















7 FERREÑAS 2º PREMIO NA CATEGORÍA A
9 FERREÑAS 1º PREMIO NA CATEGORÍA B
PREMIO AO MELLOR VESTIARIO: 9 FERREÑAS
PREMIO AO MELLOR ACOMPAÑAMENTO: CHARANGA VAI DE RODA


É OU NON É PARA SALTAR?


Damos a noraboa e os nosos agradecementos á Asociación Tequexetéldere pola fántástica organización do concurso.
Categoría: Escola - Publicado o 04-06-2011 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis