VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654412094
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Mostra das Culturas de Boiro
Participamos na Mostra das Culturas en Boiro compartindo escenario coas pandereteiras Lumieira e as Xoaniñas de Boiro e o grupo Dançares da Madeira do Porto.
E despois tivemos a sorte de escoitar a RUOTE, que nos fixeron bailar ata non poder máis.



Categoría: Actuacións - Publicado o 13-07-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Na festa de fin de curso da Galescola
Vai de Roda sumouse á festa de fin de curso da Galescola de Rianxo. A charanga animou a tarde e fixo bailar a nenos e grandes no Campo de Arriba. Desta volta tamén estiveron bailando tres dos grupos da nosa escola e as pandereteiras e pandereteiros botaron unha peza. Levamos tres anos sen dar feito o Serán no Campo de Arriba, pero o martes pasado luciu o sol e puidemos tocar e bailar no mellor campo da festa do mundo.



Categoría: Actuacións - Publicado o 06-07-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Superpandes
Onde quera que vaian, con cinco minutiños libres que teñan xa che montan un ensaio, elas son:
As Superpandes de Vai de Roda
Categoría: De parranda - Publicado o 04-07-2009 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xirando en Rois
E xa pola noite, a charanga e as pandereteiras de xira na Festa de San Xoán da Asociación de veciños A Travadeira de Rois.

As fotos non son o resultado dos espíritus da noite de San Xoán, eles sonche así!!


Categoría: Actuacións - Publicado o 04-07-2009 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xirando
O sábado 22 ao mediodía no Campo Maneiro, en Taragoña, no xantar dos 25 anos do C.E.P. Brea Segade.



Categoría: Actuacións - Publicado o 04-07-2009 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis